Reseña
Aula de Galego é un método de galego que ten como obxectivo darles resposta ás necesidades específicas dos alumnos que estudan galego dentro e forá de Galicia. Para isto, adopta a perspectiva orientada á acción, proposta polo Marco común europeo de referencia, apoiándose nos seus descritores para a progresión do coñecemento.
Aula de Galego constitúe un material didáctico completo e coherente que, tendo en conta os distintos estilos de aprendizaxe, consegue integrar con éxito a práctica das habilidades comunicativas, a reflexión gramatical e o coñecemento e a comprensión da cultura galega.