Reseña
Presenta unha descrición da morfoloxía e da sintaxe do galego que se quere accesible para calquera persoa que busque amplia-los seus coñecementos sobre a lingua e mellora-los seus usos. Fuxindo da terminoloxía e das explicacións máis técnicas e especializadas, este manual presenta os usos idiomáticos recomendables, condena os incorrectos con exemplos tomados de escritos varios e persegue cun conxunto amplo e variado de exercicios a fixación dos máis correctos.